Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence inicia a execución do proxecto de integración paisaxística da fábrica de Pontevedra

Foto Ence.jpg
 
26 de maio de 2016.- A empresa adxudicou o proxecto logo dun concurso internacional de arquitectura celebrado en 2013 ao estudio de arquitectura Orts & Trullenque. Ence prevé que o proxecto estea practicamente concluído nuns seis meses. Os traballos comezarán cunha primeira fase de plantación dunha pantalla de árbores de diversas especies que integrará rapidamente a fábrica coa masa de arborado que ten na parte posterior. O proxecto seguirá cun recubrimento das instalacións de maior impacto visual, que completará a integración do conxunto grazas aos tons e efectos logrados na elaboración das envolventes dos edificios.
 
Ence comezará de inmediato os traballos para a execución do proxecto de integración arquitectónica e paisaxística da súa fábrica de Pontevedra, no que o estudo de arquitectos Orts e Trullenque, gañador do concurso internacional organizado pola compañía para a devandita integración, traballa dende hai meses xunto con membros da dirección de Enxeñería de Proxectos de Ence Pontevedra. 
 
A compañía prevé que o proxecto estea practicamente concluído nuns seis meses. Para iso, os traballos iniciaranse coa plantación de árbores dunha diversidade de especies na que primarán especies autóctonas de crecemento rápido.
 
A primeira fase do proxecto introducirá masas de arborado que rodearán ao complexo industrial no seu fronte á Ría, ademais de reforzar as zonas axardinadas da parcela xa existentes. Estes pequenos bosques integrarán visualmente a parcela ao arboredo de Lourizán que ten ás súas costas. Doutra banda, permitirán que o enclave industrial e os seus edificios queden envolvidos por diferentes frontes vexetais, co que se establecen distintos planos de profundidade de campo de visión que neutralizan o seu impacto visual. 
 
A segunda fase do proxecto dotará ás instalacións centrais de máis envergadura do conxunto industrial dunhas envolventes que, grazas aos tons e os efectos logrados nas súas formas e elaboración, permitirán lograr unha completa integración do Centro de Operacións de Ence na súa contorna paisaxística.
 
A actual Ence, que comezou a ser construída coa chegada dos seus actuais propietarios a finais de 2006, quere facer de todos os seus centros de operacións exemplos mundiais de sustentabilidade. De aí proxectos como o do Novo Ciclo da Auga ou como o de integración paisaxística da fábrica de Pontevedra. Trátase de iniciativas pioneiras no sector da transformación forestal no mundo. Ence, cuxa produción se comercializa nos mercados internacionais, entende que a aposta pola sustentabilidade, máis aló de ser unha obrigación de toda empresa, é fundamental hoxe en día para o desenvolvemento de negocio.