Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence informa e pide desculpas polas molestias aos seus veciños

_1214.jpg

A dirección de Ence Energía y Celulosa quere pedir desculpas polas molestias ocasionadas aos seus veciños de Pontevedra polo incendio ocorrido no desmantelamento dun equipo en desuso na súa biofábrica de Lourizán, que se produciu na mañá de hoxe.

Así mesmo, a compañía desexa informar á poboación de que o incendio, que tivo a súa orixe nuns traballos para o desmonte dos devanditos equipos, foi rapidamente controlado e extinguido tan só nunha hora grazas á actuación dos sistemas de emerxencia da biofábrica, así como da rápida intervención do Servizo de Bombeiros.

O incidente non provocou danos persoais nin materiais dado que o incendio estivo moi localizado sen chegar a afectar o proceso de produción, que non se interrompeu en ningún momento.

A pesar do denso fume que se produciu, Ence-Pontevedra quere destacar que a calidade do aire non se viu alterada e todos os parámetros ambientais estiveron dentro da normalidade, segundo as medicións rexistradas polas cabinas que vixían a calidade do aire permanentemente.

Doutra banda, a compañía desexa informar os seus veciños de que todas as obras e actividades que se realizan nas súas instalacións respetan rigorosamente a lexislación.

A dirección de Ence Energía y Celulosa agradece ao Servizo de Bombeiros de Pontevedra e aos seus empregados da biofábrica de Pontevedra a súa rápida e dilixente actuación.

Ence reafirma o seu compromiso coa seguridade e o medioambiente que constitúen alicerces fundamentais da súa actividade, e aos que a compañía seguirá adicando importantes investimentos nos próximos anos.

show_cookie_policy: 1