Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence implanta unha bolsa de emprego para a súa biofábrica de Pontevedra

2018061409100877577.jpg

27 de decembro de 2018.- Ence implantará unha bolsa de emprego eventual con obxecto de dotar de persoal cualificado a súa biofábrica de Pontevedra. Esta bolsa busca integrar no persoal do centro de operacións de Lourizán a graduados/as en Enxeñería Química Industrial, tecnoloxía de minas e enerxía, tecnoloxías industriais, eléctrica, mecánica e electromecánica. A compañía ofrece oportunidades, do mesmo xeito, a profesionais formados a través dun ciclo superior de FP dunha rama técnica relacionada.

A  biofábrica seleccionará a candidatos para ocupar varios postos de traballo como operadores de campo (lavado, parque de madeiras, liña de balas, enerxía) e persoal de mantemento (mecánicos, electricistas e  instrumentistas).

Entre os profesionais incluídos no proceso teranse en conta requisitos tales como a formación en riscos laborais e en inglés, así como a experiencia laboral en contornas industriais e a quendas de traballo. Ademais valorarase residir na contorna da Biofábrica ou concellos limítrofes.

As persoas interesadas poderán inscribirse na seguinte ligazón: https://bit.ly/2EPRf8u ata o 21 de xaneiro de 2019.

A  biofábrica de Ence Pontevedra, ademais de supoñer unha importante contribución á economía circular e á bioeconomía, xera preto de 5.200 empregos sostibles directos, indirectos e inducidos na comunidade galega. A iniciativa da bolsa de emprego constitúe unha mostra do compromiso de Ence coa contorna a través do impulso e aproveitamento do talento pontevedrés, ofrecendo oportunidades de desenvolvemento e emprego aos seus veciños da comarca.

Ademais, un dos Obxectivos de Igualdade na biofábrica de Ence Pontevedra é aumentar a presenza das mulleres no persoal, potenciando para iso o ritmo de incorporación da muller no centro de operacións da compañía en Lourizán con respecto á representación actual.

show_cookie_policy: 1