Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence e as confrarías asinan o convenio polo que os pósitos dispoñerán dunha embarcación para o proxecto de rexeneración dos bancos marisqueiros da Ría

_38A0401.jpg

22 de xullo de 2016. Ence dá un paso máis na expresión do seu compromiso coa contorna e, en particular, coa recuperación da Ría de Pontevedra. A empresa e as 3 confrarías do fondo da Ría, os pósitos de Lourizán, Pontevedra e Raxó, asinaron o convenio de colaboración polo que a empresa poñerá a disposición das mariscadores unha embarcación. O barco será utilizado para o Proxecto de Rexeneración dos Bancos Marsiqueiros da Ría.

O convenio refírese, na súa exposición de motivos, a decidida vontade de cada unha das partes de promover a rexeneración dos bancos marisqueiros e a definitiva mellora ambiental da Ría de Pontevedra. A embarcación, que se denominará "Lonxa de Campelo", realizará diferentes tarefas necesarias para a recuperación de areais para a produción marisqueira. Podería definirse como un tractor para o mar.

O barco procede dunha explotación acuícola de Carril e será obxecto dunha profunda posta a punto nas próximas semanas. Mide 11 metros de eslora e está equipado coa instrumentación necesaria para o traballo nos cultivos marisqueiros. O seu custo rolda os 100.000 euros.

Este convenio xorde a iniciativa das 3 confrarías, agrupadas na Lonxa de Campelo. En maio solicitaron apoio a Ence para este proxecto. O 2 de xuño, ambas as partes anunciaron que alcanzaran un acordo. O convenio vén enmarcar os detalles da colaboración. A empresa xa iniciou a adquisición da embarcación.

Ence quere converter os seus centros de operacións en instalacións recoñecidas no sector forestal mundial, pola súa sustentabilidade ambiental. Tal e como explicou a empresa en diferentes ocasións, persegue este obxectivo tanto polo lóxico compromiso co medio ambiente, como polo que supón de diferenciados en termos de mercado, máxime cando os consumidores queren cada vez produtos máis sustentables. Neste contexto unha ría limpa e cunha rica produción marisqueira é algo moi positivo para a empresa.