Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence e a Xunta concretan a colaboración para a ampliación e mellora da Edar dos Praceres

Ignacio Colmenares_Beatriz Mato.jpg
14 de abril de 2016.- Ence achegará ata 15 millóns de euros para colaborar na ampliación da EDAR dos Praceres. Para facer efectiva esta achega, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e maila empresa asinarán un convenio no que se establecerán o cronograma de actuacións e mailo de pagamentos. Así se acordou nunha reunión mantida esta mañá entre representantes da empresa e máis da Consellería en Santiago de Compostela.
 
O conselleiro delegado de Ence, Ignacio Colmenares, xa anunciara publicamente o pasado 16 de marzo, durante a Xunta Xeral de Accionistas da empresa, a vontade da compañía de colaborar coa solución do problema de tratamiento das augas fegais domiciliarias da comarca de Pontevedra. A Xunta de Galicia foi a primeira institución pública que recibiu a Ence para dialogar sobre as achegas da empresa á súa contorna. Durante a reunión mantida hoxe, comezou a concretarse o cumprimento do compromiso relativo ao apoio na mellora da EDAR. 
 
Con esta achega, Ence colabora na solución dun problema que, se ben non ten relación alguna coa súa actividade, senón coa depuración das augas fegais domiciliarias, si que está sendo crítico para a sustentabilidade de actividades coma o marisqueo e a acuicultura. Solucionar este problema é fundamental para converter a Ría nun espazo exemplar tanto a nivel ambiental coma pola convivencia de actividades pesqueiras, industriais, turísticas, deportivas e portuarias. 
 
Outros compromisos
 
Durante a reunión mantida hoxe, Ence tamén lle entregou información á Xunta sobre os avances nos proxectos de mellora da fábrica presentados nos últimos meses e que formaron parte da solicitude de prórroga para a fábrica de Pontevedra. 
 
Trátase, entre outros, dos proxectos de fiabilidade ambiental ou o coñecido como "Novo Ciclo da Auga". Este último permitiralle á empresa consumir un 90% menos de auga e reducir nun 90% o seu efluente á Ría. Todos estes proxectos están en fase de deseño e/ou execución. De feito, durante a última Parada Técnica de Ence Pontevedra destináronse 2.5 millóns de euros á reducción do impacto oloroso, dando un paso máis de cara ao obxectivo 'Olor Cero'.
 
Ence Pontevedra é xa a fábrica de celulosa con mellores indicadores ambientais de Europa. Así se desrende da comparación entre os indicadores da factoría galega e as restantes de Europa, incluídas as dos países nórdicos. Pero Ence traballa para converter todos os seus centros produtivos nunha referencia mundial de xestión ambiental. De feito, o proxecto do "Novo Ciclo da Auga" é pioneiro no mundo.