Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence destina este ano preto dun millón de euros á loita biolóxica contra o gurgullo do eucalipto

Bosques Joomla.jpg
14 de xuño de 2016. Preto de 800.000 metros cúbicos de madeira de eucalipto, ou o que é o mesmo, a madeira que é necesaria para producir 220 millóns de paquetes de 500 follas de papel, pérdense cada ano en Galicia pola praga do Gonipterus. Ence suma dende hai anos os seus esforzos aos dos produtores de madeira e a administración galega para enfrontar este problema. No presente exercicio, a empresa destina preto dun millón de euros a facer fronte á praga a partir da loita biolóxica, isto é, apostando pola distribución e posta de ootecas repletas de ovos da mosquiña Anaphes nitens, que impide reproducirse ao Gonipterus.
 
O gurgullo do eucalipto é un dos principais problemas do monte galego desde os anos 90, nos que a praga comezou a afectarlles a países do mundo enteiro. En Galicia, as perdas anuais causadas polo Gonipterus aos produtores de madeira superan os 25 millóns de euros cada ano. O director de Ordenación Forestal de Ence, Alejandro Oliveros, teno claro: "Como principal empresa transformadora de madeira de eucalipto de Galicia, queremos xogar un papel fundamental na solución desta praga. Por iso é polo que esteamos a traballar con tanta intensidade e de forma coordinada cos produtores forestais e coa Xunta de Galicia nesta materia".
 
Ence cuadriplicou en 2016 os seus esforzos en materia de loita biolóxica contra o Gonipterus. Tan só nesta primavera, a empresa xa distribuíu ovos de Anaphes nitens, a mosquiña que actúa como depredadora dos ovos do Gonipterus, en preto de 17.000 hectáreas de cultivos forestais.  Trátase dunha superficie comparable á que ocuparían, por exemplo, máis de 1.200 proxectos arquitectónicos coma o da Cidade da Cultura de Galicia.
 
A loita biolóxica
 
Se o Gonipterus é o principal inimigo dos produtores de madeira de Galicia, a mosquiña Anaphes nitens é o principal aliado dos madeireiros. Esta mosquiña realiza as súas postas nos ovos do Gonipterus. E as larvas do Anaphes acaban coas do temido gurgullo: aliméntanse delas. Desta maneira, o Anaphes nitens frea a reprodución da praga.
 
Ence adicou nos últimos anos importantes recursos á investigación sobre a loita biolóxica contra o Gonipterus. Desde principios de 2016, a empresa puxo en marcha dúas biofábricas para a produción de mosquiña: para que a loita biolóxica resulte eficiente, é necesario dispoñer de grandes cantidades de mosquiña e obtelas a custos asumbiles. "O sector forestal galego sabe da importancia da loita biolóxica, pero é fundamental que consigamos producir suficiente mosquiña e a baixo  custo. Ence está preto de acadalo", explica Oliveros-. "O noso obxectivo non é facer negocio co Anaphes, o que nos move é fortalecer o sector fortalecer o sector e acabar cun problema que está a afectar a toda a cadea monte-industria. Con estes obxectivos constituímos un grupo de traballo internacional, e o coñecemento que estamos a xerar está a disposición de todo o sector e por suposto da Xunta. Ademais a campaña desta primavera foi de balde para os propietarios". 
 
No que vai de ano, a empresa xa instalou unhas 375.000 ootecas con ovos de Anaphes nitens en cultivos forestais das provincias costeiras galegas e Asturias. A empresa traballou da man das asociacións de produtores forestais para identificar as zonas para tratar. Este esforzo, sumado ao efectuado pola Xunta de Galicia, que tamén dispuxo ootecas en miles de hectáreas forestais da comunidade autónoma, comezou a dar os seus resultados. Pero o traballo debe continuar para frear unha praga que elimina dos montes galegos tanta madeira como a que crecería cada ano nunha superficie cultivada comparable á que ocupan 50.000 campos de fútbol.