Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence destina 8 millóns de euros á parada técnica anual da súa planta de Pontevedra

IMG_5876.JPG

12 de marzo de 2018.- Este luns comezou a parada técnica anual da fábrica de Ence Energía y Celulosa en Lourizán, que se estima terá unha duración de 10 días. Ence destinará a esta parada 8 millóns de euros, dos cales máis da metade, 4,3 millóns de euros, dedicaranse a realizar melloras ambientais e 3,7 millóns destinaranse a mantemento.

Dentro das melloras ambientais podemos destacar a mellora da eficiencia da caldeira de recuperación e a mellora das torres de refrixeración, o que supoñerá unha diminución da temperatura do efluente e por conseguinte influirá na diminución de emisións  olorosas. O resto do investimento irá destinado a melloras en eficiencia que permitirán á planta de Ence en Lourizán reforzar a competitividade da celulosa galega nos mercados internacionais.

Ence Pontevedra, que conta cun persoal medio de 360 persoas, verá aumentado en 1.400 o número de traballadores durante a parada técnica, pertencentes a 100 empresas. Hai que destacar que un 60% dos traballadores que participarán na parada, están vinculados a empresas da provincia de Pontevedra. Tamén hai que sinalar que participarán compañías especializadas de España e outros países como Finlandia ou Suecia.

Ence seguiu avanzando no Proxecto Olor Cero grazas aos investimentos realizados no exercicio anterior, onde se implementaron melloras nos dixestores e caldeiras, que permitiron elevar a calidade da condensación e control dos gases. As emisións olorosas durante 2017 rebaixaronse nun 25% respecto ao ano anterior, logrando que o impacto oloroso se reducise a menos dun minuto diario de media. A compañía seguirá traballando para chegar á total erradicación.

show_cookie_policy: 1