Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence destaca que o eucalipto ben xestionado é unha defensa contra os incendios

Árboles desde abajo 4.jpg

18 de agosto de 2016.- Fronte ás recentes afirmacións de APDR que responsabilizan sen datos ao eucalipto de ser causa dos recentes incendios en Galicia, Ence destaca que tan só unha media do 7,9% da superficie forestal total que arde cada ano na comunidade foi eucalipto, segundo os datos dos informes anuais de 2000 a 2013 (último ano de publicación) publicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

De feito, o Informe da Confederación de Organizacións de Silvicultores de España (COSE) sobre os incendios en Galicia, de xaneiro de 2015, sinala que na zona norte de Galicia, onde se concentran as maiores superficies de eucalipto, os incendios son practicamente inexistentes. Ademais, este Informe destaca que os territorios forestais galegos máis afectados en superficie polos incendios son as grandes áreas de matogueira sen arboredo.

O abandono e a falta de xestión preventiva son as principais causas dos incendios no monte galego. É precisamente o cultivo de eucalipto e a rendibilidade que ofrece ao propietario forestal, que lle estimula a implantar medidas preventivas para evitar que o seu investimento desapareza, a mellor alternativa para combater o abandono e, en consecuencia, os incendios forestais.