Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence conclúe con éxito a Parada Técnica anual da súa fábrica de Lourizán

Operario 8.jpg
11 de abril de 2017.- Un ano máis a Parada Técnica da fábrica de Ence en Pontevedra cumpliu todos os obxetivos previstos, grazas á rigurosa planificación e execución de distintas operacións que se levaron a cabo.
 
Entre os logros alcanzados, hai que destacar a importante mellora da eficiencia enerxética e o reforzo no comportamento ambiental das instalacións. Ademais, seguiuse avanzando no programa de Cero Olores para conseguir a total erradicación do impacto oloroso, mediante diversas melloras nos dixestores e caldeiras da pranta, que permitirán elevar a calidade da condensación e control de gases.
 
Durante a parada tamén se realizaron traballos preparatorios para o aumento de capacidade en 30.000 toneladas que se acometerán na parada técnica de 2018, primeira fase do aumento total de 70.000 toneladas que Ence prevé para a súa fábrica pontevedresa. 
 
A duración da parada foi de 9 días, un día menos do previsto inicialmente, grazas ao esforzo e coordinación realizados por parte de todos os traballadores que participaron nas operacións. Durante a Parada, que contou con 130 empresas, alcanzouse unha punta de 1400 traballadores.
 
Por outro lado hai que destacar que un equipo de 15 profesionales con amplia experiencia de traballo no sector da prevención, dedicouse en exclusiva a velar pola seguridade da parada, o que contribuiu a lograr uns excelentes índices de seguridade.