Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence comprará ata 12.000 toneladas de madeira nos vindeiros 12 meses aos produtores de madeira asociados a ASEFOGA

_K8B3284.jpg

23 de outubro de 2015.- Os produtores de madeira que compoñen a Asociación Sectorial Forestal Galega, ASEFOGA, venderán ata 12.000 toneladas de madeira de eucalipto a Ence no vindeiro ano.

No convenio asinado pola Asociación e Ence, o prezo de compra da madeira se indexará cada 3 meses co prezo da pasta de celulosa. Os productores de madeira comparten así beneficios coa empresa no caso de que o prezo da pasta suba durante o prazo no que o contrato se mantén vixente.Este acordo mantén tamén primas aos produtores por conceptos como a xestión sostible dos cultivos de madeira, incorporando novas primas para as plantacións que contén con dobre certificación (PEFC FSC). Ence tamén primará a constitución de coutos redondos entre propietarios que teñan parcelas colindantes sempre que o resultado en madeira destas unións de propietarios supere as 1.000 toneladas. Doutro xeito: aqueles propietarios con parcelas colindantes que traballen conxuntamente para ofrecer un lote de madeira á compañía obterán unha prima adicional no prezo da madeira sempre que o lote que ofrezan supere as 1.000 toneladas.

Ence traballa desde 2011 na construción de relacións directas cos productores de madeira que van dende a cómpra-venda de madeira á colaboración en áreas de traballo como a sostibilidade dos cultivos ou as melloras en silvicultura destinadas a incrementar a produción de madeira por cada pé de eucalipto.

Convenios como o asinado por Ence e ASEFOGA benefician ademais a outros sectores, como o do transporte e o do aproveitamento. As 12.000 toneladas de madeira que venderá ASEFOGA a Ence xerarán nos próximos meses un volume de negocio de máis de 150.000 € para as empresas de aproveitamento forestal e duns 120.000 € en transporte.