Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence celebra o seu sexto acto de entrega das axudas do Plan Social de Pontevedra en apoio á recuperación e coidado da contorna

beatriz_ciscar_009.jpeg

6 de xullo de 2017.- Ence Pontevedra celebrou hoxe o acto de entrega das axudas aos proxectos de recuperación e coidado da contorna que resultaron seleccionados na I convocatoria de Plan Social da compañía en Pontevedra. Representantes dos 23 proxectos adxudicatarios acudiron ás instalacións da fábrica en Lourizán  onde tivo lugar o acto de firma do convenio para a adxudicación das axudas, que permitirá a inmediata posta en marcha dos proxectos.

Os proxectos presentados á devandita área de actuación desenvolverán as súas actividades no ámbito territorial, financiando proxectos cuxo fin é a recuperación e defensa do medio rural, tan importante e de vital interese para a compañía, a cal loita día a día polo benestar ambiental da súa contorna.

Os 23 proxectos seleccionados dentro da categoría de recuperación e coidado da contorna abarcan un amplo campo de proxectos que traballan desde a recuperación de carreiros verdes, á plantación de castiñeiros micorrizados, a proxectos de reciclaxe.. todo iso apostando e fomentando a convivencia respectuosa entre home e medioambiente nos Concellos de Pontevedra, Poio e Marín.

Esta liña de axudas permitirá a entidades da comarca, como é o caso de Teimas Desenvolvemento, Asociación A.M.I.C.O.S, Asociación de amigos de Riomouro Pequeño, Asociación para o Fomento da Bioloxía da Conservación, Properdis Empresa de Inserción Laboral SLU, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Couto Valo Branco ou Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Borela, a reforzar o seu apoio ao coidado do entrono e a súa recuperación, o que deixa patente a forte aposta que realiza Ence no coidado ambiental.

Ence está a impulsar coa máxima ilusión o seu Plan Social de Pontevedra. Unha iniciativa para contribuír á calidade de vida dos cidadáns da cidade de Pontevedra e a súa comarca, que complementa os avances na xestión ambiental da súa fábrica de Lourizán.