Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence celebra o seu derradeiro acto de entrega do Plan Social de Pontevedra en apoio ás asociacións veciñais

DSC_0808.jpg

1 de agosto de 2017.- Ence Pontevedra celebrou hoxe o acto de entrega das axudas veciñais que resultaron seleccionados na I convocatoria de Plan Social da compañía en Pontevedra. Representantes dos 26 proxectos adxudicatarios acudiron á terminal cuberta de Ceferino Nogueira no porto de Marín onde tivo lugar o acto de firma do convenio para a adxudicación das axudas, que permitirá a inmediata posta en marcha dos proxectos.

Os proxectos presentados a dita área de actuación desenvolverán as súas actividades no ámbito territorial, financiando festas patronais, visitas culturais e mellora e mantemento das instalacións das asociacións.

Ence mostra o seu compromiso cos veciños a través das axudas concedidas ás distintas asoaciacións beneficiarias dos  concellos de Pontevedra, Poio e Marín, consolidando deste xeito o seu interese polo benestar da comarca.  Isto,  sumado ó esforzó que realiza día a día por mellorar as súas condicións medioambientais, garante o compromiso de Ence co seu entorno.

Gran parte dos proxectos seleccionados dentro da categoría de axudas veciñais  destinarán as aportacións para seguir mantendo a tradición cultural das súas festas patronais. Desta maneira, promóvense e consolídanse os valores que veñen transmitíndose de xeración en xeración para garantir a súa pervivencia cultural.

A empresa pecha con este acto de firma de convenio a I Edición do Plan Social de Pontevedra, o cal foi impulsado ca súa máxima ilusión e co que espera mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns de Pontevedra, Poio e Marín.

Nos próximos meses iremos coñecendo o desenvolvemento dos distintos proxectos beneficiarios de cada unha das sete áreas de actuación o que demostrará, unha vez máis, o significativo esforzo e responsabilidade da fábrica co seu entorno.