Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence celebra o acto de entrega das axudas do Plan Social de Pontevedra para o apoio á educación e a cultura

20170620-dfreire-7703.jpg

20 de xuño de 2017.- Ence Pontevedra celebrou hoxe o acto de entrega das axudas aos proxectos de educación e cultura que resultaron seleccionados na I convocatoria do Plan Social da compañía en Pontevedra. Representantes dos 22 proxectos adxudicatarios acudiron ao ilustre Café Moderno de Pontevedra, onde tivo lugar o acto de firma do convenio para a adxudicación das axudas, que permitirá a inmediata posta en marcha dos proxectos.

Os proxectos presentados á devandita área de actuación desenvolverán as súas actividades no ámbito territorial, financiando investigacións, exposicións, intercambios culturais, festivais folclóricos, adquisición de instrumentos e vestimentas.

Ence apoia a educación e cultura a través de distintas entidades beneficiarias dos Concellos de Pontevedra, Poio e Marín. Dita área de actuación recolle unha ampla diversidade de proxectos que permite apoiar o legado educativo e cultural da comarca, valores polos que Ence aposta firmemente.

Os 22 proxectos seleccionados dentro da categoría de educación e cultura abarcan desde entidades que traballan por manter a cultura tradicional galega, a iniciativas que fomentan a memoria histórica, como é o caso da Asociación de Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia co seu proxecto de "Inventario e catalogación de pazos e edificacións históricas dos Concellos de Pontevedra, Poio e Marín".

A Agrupación Folclórica Airiños de San Xulián e a Asociación Cultural Gaiteiro Manuel Villanueva, son outras das organizacións adxudicatarias que promocionan as tradicións galegas a través do baile e a música.

Doutra banda, a recoñecida Sociedade de Ciencias de Galicia, presidida polo Doutor Antonio De Ron e a Asociación Cristóbal Colón Galego-Celso García de la Riega son dous dos proxectos beneficiarios que dedican os seus esforzos á investigación.

Da mesma maneira non podemos deixar de destacar o ilustre Gremio de Mareantes de Pontevedra, decana das entidades beneficiarias e alicerce da cultura da sociedade Pontevedresa.

Ence está a impulsar coa máxima ilusión o Plan Social, unha iniciativa que contribuirá a mellorar a calidade da vida dos cidadáns de Pontevedra e a súa comarca, fomentando a riqueza educativa e cultural esencial para o avance e benestar da poboación.