Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence aproba unha política para defender as prácticas legais na subministración de madeira

eucalyptus-544084_1280.jpg

25 de xullo de 2017.- Ence Energía y Celulosa aprobou a súa Política de Legalidade da Madeira, un documento que recolle un conxunto de requisitos para defender e garantir a legalidade na execución das actividades de subministración forestal para o desenvolvemento do seu negocio.

O citado documento é froito dun longo proceso de conversacións entre a compañía e diversas administracións e organismos de carácter ambiental e social, co obxectivo de promover comportamentos legalmente responsables orientados á actividade de subministración. Así mesmo, busca servir como referencia para todos os axentes relacionados, e orientarlles á hora de detectar prácticas ilegais, contribuíndo así a evitar que se produzan.

Ence, como compañía líder no sector forestal quere ser exemplo e motor da compra de madeira legal. Coa posta en marcha desta política de responsabilidade, a empresa aposta firmemente pola diferenciación con respecto a operadores que promoven o desenvolvemento de prácticas de rápido beneficio, pero de dubidosa legalidade. Ademais, con esta iniciativa, a compañía quere ser pioneira na implantación das mellores prácticas sustentables, que se identifican cos seus valores de responsabilidade social, ambiental e económica.

Esixentes medidas en pos da sustentabilidade

Entre as medidas que Ence vai adoptar coa posta en marcha desta Política destaca a adquisición unicamente de madeira procedente de masas forestais nas que se cumpran todos os requisitos que estableza a normativa en vigor, ademais dos voluntarios adoptados pola empresa ao momento da súa compra.

Así mesmo, promete priorizar e fomentar o consumo de madeira certificada FSC e/ou PEFC, sendo o seu obxectivo lograr un 100% de madeira certificada na subministración ás súas plantas de celulosa. Doutra banda, Ence esixirá aos seus subministradores os mesmos requisitos de cumprimento de legalidade que aplica ás súas propias actuacións forestais, co obxectivo de fomentar o comercio de madeira dentro dos estándares de legalidade definidos pola lexislación forestal.

De igual maneira, e para evitar prácticas levadas a cabo fora do marco da legalidade co obxectivo de obter rápido beneficio, e para favorecer a sustentabilidade na execución das súas actividades de subministración, Ence comprométese a rexeitar calquera partida de madeira da que se demostre a súa procedencia dunha explotación ilegal, ou ben aquela madeira cuxa explotación supuxese unha afección a elementos protexidos do patrimonio natural, arqueolóxico, cultural ou social incompatible co seu aproveitamento.