Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence apoia o soño olímpico dos deportistas da comarca co Plan Social de Pontevedra

Deportes.jpg

13 de xuño de 2017.- Ence Pontevedra celebrou hoxe o primeiro acto de entrega das axudas aos proxectos de apoio ao deporte que resultaron seleccionados na I convocatoria de Plan Social da compañía en Pontevedra. Representantes dos 27 proxectos adxudicatarios acudiron ás instalacións da fábrica de Lourizán, onde tivo lugar o acto de firma do convenio para a adxudicación das axudas.

Ence apoia o soño olímpico dos deportistas da comarca de Pontevedra cun importante investimento que lles axudará  durante este ciclo que desembocará nos Xogos de Tokio 2020. Este plan tamén inclúe a deportistas de modalidades non olímpicas que pola súa traxectoria ou futuro Ence queira dar o seu apoio.

O programa inclúe o apoio a deportistas que xa saborearon os meles da gloria olímpica como o regatista Fernando Echávarri, campión olímpico en Pequín 2008 na desaparecida clase Tornado, mellor regatista do mundo no ano 2015 e que o pasado sábado gañou a final das Series Mundiais en Santander.

Esta liña de axudas, no apartado olímpico, apoia a carreira de continuidade de Jean Marie Okutu que dentro de tres anos buscará a súa segunda participación olímpica despois da experiencia olímpica en Río de Janeiro os pasado veráns tras conseguir en extremis a clasificación aos mesmos.

Estas axudas serán claves  para deportistas que polas súas modalidades necesitan viaxar fóra de España dentro da súa preparación como é o caso do loitador Pablo García, a biker Lucía Vázquez que quedou ás portas da clasificación olímpica na pasada olimpíada ou as promesas de vela, Pablo García Pórtea ou Andrés Vázquez.

Ence, sensible á realidade da comarca de Pontevedra considerou necesario  apoiar o esforzo dos deportistas e os seus soños. Con este plan refórzase a dedicación dos deportistas que suplen co seu sacrificio a falta de medios. Estas axudas servirán para que poidan completar a súa preparación.