Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Como é traballar en Ence Pontevedra? Colaboradores da empresa explícano nun novo vídeo da empresa

Foto video Xente Ence (Manu) encepontevedra.jpg
29 de setembro de 2016. Aconteceu hai xa algún tempo. Marta Fernández foi unha das primeiras mulleres en poñerse unha funda de traballo para operar na área de Dixestores (cocción de madeira) de Ence Pontevedra. Agora lembra o seu primeiro día: "Cuando veía todo hombres me quedé un poco que dije... Dios, ¿dónde me meto?, pero estoy encantada". E Manuel Iglesias lembra que entrou como alumno en prácticas tras concluír os seus estudos en Enxeñería Industrial. "Justo después de la Parada (técnica) hubo una necesidad y me quedé".
 
As súas son algunhas das historias que se poden coñecer no vídeo Xente Ence, que a empresa comezou a difundir. No vídeo, traballadores e traballadoras da empresa explican a súa historia profesional en Ence, como é o seu traballo, ou que opinan da utilización política da empresa e os seus traballadores.
 
Con este traballo audiovisual, dunha duración aproximada de tres minutos e medio, a empresa continúa dando a coñecer como é por dentro, que sucede cada día dentro das súas instalacións. A aposta de Ence pola transparencia e por darse a coñecer na súa contorna é irrenunciable: desde iniciativas únicas na industria española como a publicación diaria online dos seus indicadores ambientais (www.encepontevedra.com) ata producións audiovisuais como o vídeo Xente Ence, no que son os propios traballadores os que explican, cada un desde a súa perspectiva, a súa relación coa empresa.
 
O vídeo Xente Ence pode ser visto desde a sección de vídeos da páxina web da empresa ou desde a canle de Ence en Youtube.