Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Cinco estudantes benefícianse das Bolsas Ence para Estudos de Mestrado

Imaxe bolsa Ence.jpg

19 de agosto de 2016.-A convocatoria da quinta edición das Bolsas Ence para Estudos de Mestrado xa está resolta. Os mozos Luís Lois Carro, Manuel Fariña Caeiro, María Teresa Xusto González, Adrián Pazos Sierra e David Seoane Vázquez beneficiaranse das axudas que ofrece a empresa para apoiar a realización de estudos de post-grao por parte de pontevedreses e pontevedresas. Os catro primeiros cursarán os seus estudos en España. David Seoane Vázquez continuará a súa formación no estranxeiro, concretamente na Universidade Napier de Edimburgo.

As bolsas que concede Ence axudaranlles a especializar os seus coñecementos e desenvolver as súas capacidades nos distintos campos escollidos, que inclúen áreas de coñecemento como a enxeñería química e os bioprocesos, a xestión ambiental, a investigación en deporte e actividade física ou os coñecementos xurídicos.

As Bolsas serán de 6.000 euros para o estudante que complete  a súa formación no  estranxeiro, e de 3.000 euros para os que realicen os seus estudos en universidades de España. Nas bases estableceuse que aqueles estudantes que fagan os seus estudos fóra de Galicia recibirán ademais unha axuda adicional para o desprazamento de 1.000 euros. É o  caso dunha das beneficiarias.

Esta iniciativa, que se integra no firme compromiso de Ence de contribución ao desenvolvemento económico e social de Pontevedra, dá prioridade aos alumnos e alumnas beneficiarios das súas Bolsas para Estudos de Mestrado á hora de realizar prácticas na empresa. Con iso, a compañía quere completar o seu apoio ás persoas bolseiras poñendo á súa disposición, tamén, a súa know-how en diferentes áreas de xestión.

Desde a creación das Bolsas hai 5 anos, 26 estudantes de Pontevedra e comarca realizaron estudos de mestrado co apoio das Bolsas Ence.