Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Cerca de 300 proxectos recibirán axudas na II Convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra

Fábrica Pontevedra 2_opt.jpg

10 de xullo de 2018.- 296 proxectos recibirán os 3 millóns de euros da II Convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra, unha vez concluídos os exhaustivos traballos de valoración levados a cabo pola Comisión de Seguemento do Pacto Ambiental entre a Xunta de Galicia e Ence.

Do total dos 470 proxectos presentados á convocatoria resultan, en consecuencia, adxudicatarias o 63% das solicitudes, que supoñen 70 beneficiarios máis que na primeira edición do Plan Social de Ence en Pontevedra, cifras que mostran a gran acollida da iniciativa da compañía.

A área de actuación que máis proxectos recibiu foi o de Apoio ao Deporte de Base, con 175 solicitudes das cales 111 foron outorgados, seguida de Educación e Cultura, con 57 solicitudes das cales 50 foron adxudicadas.

Área de actuación

Nº Proxectos beneficiarios

Nº de solicitudes presentadas

Recuperación e Coidado da Contorna

48

93

Loita contra a Exclusión Social

34

41

Apoio á Educación e Cultura

50

57

Apoio ao Deporte de Base

111

176

Impulso ao Emprendemento e á Innovación

28

65

Axudas Veciñais Diversas

25

38

Total

296

470

 

Antonio Casal, Director Territorial de Ence en Galicia, afirmou que "Ence valora moi positivamente a gran acollida do Plan Social de Ence en Pontevedra, así como o elevado número de proxectos que recibirán achegas e de persoas beneficiadas. A empresa reitera o seu compromiso cos seus veciños de Pontevedra e confía en que o seu programa de responsabilidade social seguirá contribuíndo de maneira destacada á calidade de vida dos cidadáns de Pontevedra e a súa comarca".

A avaliación do gran número de solicitudes presentadas á segunda edición do Plan foi levada a cabo pola consultora EY, que realizou unha pormenorizada e detallada valoración de todos os proxectos, e cuxo traballo foi fundamental para garantir o máximo rigor na selección das solicitudes presentadas.

Ence procedeu a comunicar a resolución da Convocatoria a cada unha das entidades ou persoas físicas que presentaron solicitude, vía correo electrónico.

show_cookie_policy: 1