Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A Xunta Xeral de Accionistas de Ence aproba un dividendo complementario de 0,10 euros por acción

JGA 2016.jpg
16 de marzo de 2016.- Ence - Enerxía e Celulosa pagará un dividendo complementario de 0,10 euros por acción que sumado ao dividendo do pasado mes de outubro elévase a 0,144 euros. Así o aprobaron os accionistas da empresa durante a súa Xunta Xeral Ordinaria 2016. Este dividendo, que  se fará efectivo o próximo 14 de abril, representa unha rendibilidade do 4,7% sobre a cotización media da acción de Ence en 2014 e supera nun 44% o repartido pola compañía un ano antes.
 
O presidente da compañía, Juan Luís Arregui, destacou "o importante papel que pode xogar Ence na  transformación do modelo enerxético grazas á súa sólida experiencia no terreo da xeración con biomasa, unha tecnoloxía enerxética estable, firme e respectuosa co medio natural". E engadiu que a produción de electricidade con biomasa, neutra en CO2, é a mellor solución para substituír progresivamente ás centrais térmicas contaminantes. "Unha alternativa non só limpa, senón xeradora de emprego rural e coa que se evitarían gran parte dos incendios".
 
O Presidente de Ence reclamou, así mesmo, "un tratamento rexedor xusto para a coxeración con madeira, un combustible natural, autóctono e renovable, inxustamente penalizado pola regulación en España, e que supón unha desvantaxe fronte a competidores doutros países que si gozan dunha retribución xusta".
 
Ence alcanzou en 2015 un beneficio neto de 50 millóns de euros e un EBITDA axustado de 200 millóns. Ademais, a compañía reduciu nun 15% o seu endebedamento durante o pasado ano e goza dunha sólida posición de solvencia financeira: o cociente de débeda neta de Ence é de 1,2 veces o EBITDA axustado.
 
O Vicepresidente e Conselleiro Delegado de Ence, Ignacio Colmenares, cualificou de "titánico" o esforzo realizado para alcanzar estes resultados tras o impacto que tivo a reforma eléctrica nos plans e os resultados da empresa. E lembrou aos accionistas, ademais, que o Plan Estratéxico 2016-2020 permitirá á empresa dobrar a súa EBITDA no horizonte do Plan. Para iso, Ence realizará investimentos por valor de 662 millóns de euros nese período.
 
Compromiso con Pontevedra
 
Tras a consecución da prórroga para o Centro de Operacións de Pontevedra, un dos dous nos que produce pasta de celulosa para a exportación, a empresa acometerá importantes melloras na súa fábrica galega en materia de competitividade e de fiabilidade ambiental. Colmenares lembrou que xa en 2015 a Comisión Europea distinguiu a Ence pola traxectoria ambiental desa fábrica desde o ano 2000. E anunciou que a empresa traballa para facer daquel Centro de Operacións "un  exemplo mundial de sostibilidade e integración".
 
Colmenares referiuse a "unha nova Ence, unha empresa moderna e competitiva, que levará a cabo importantes proxectos que mellorarán substancialmente o impacto ambiental, como o denominado "Novo Ciclo da auga", que permitirá reducir nun 90% o consumo de auga da factoría. Así mesmo, Ence está a traballar xa a fondo na integración paisaxística da fábrica e na eliminación de cheiros, vapores e ruídos, proxectos que servirán para facer o que poderiamos denominar unha nova fábrica.  Máis eficiente, máis competitiva e aínda mellor en materia ambiental. Ence Pontevedra é xa a mellor fábrica europea do seu sector en xestión ambiental e ímola a mellorar aínda máis".
 
O Vicepresidente e Conselleiro Delegado afirmou que "imos ofrecer ás diferentes administracións galegas a firma dun Pacto para reforzar o noso compromiso co coidado da contorna natural e coa sociedade de Pontevedra. Queremos poñer en marcha importantes iniciativas para a agro- industrialización de Pontevedra e Galicia, iniciativas baseadas na bioenerxía e a xeración de enerxía con biomasa, que xeran emprego".
 
"E imos apoiar economicamente a ampliación da depuración de augas da cidade de Pontevedra, para solucionar definitivamente o seu problema coas augas residuais e os seus malos cheiros, que por descoñecemento e inxustamente se nos atribúe. Grazas a esta última contribución, desaparecerá, dunha vez por todas, a contaminación por coliformes da Ría de Pontevedra causada pola depuradora da cidade. Un problema, do que non é responsable Ence e que tanto prexudica a explotación marisqueira. Con iso imos tamén a eliminar os seus malos cheiros que como acabo de dicir erroneamente se nos atribúen" resaltou Ignacio Colmenares.
 
O Vicepresidente e Conselleiro Delegado de Ence, que tamén se referiu aos investimentos que se realizarán tamén en Navia para alcanzar a excelencia ambiental, lembrou que 2unha fábrica non pode ser competitiva nin garantir o seu futuro se xera molestias".