Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A Xunta Xeral de Accionistas de Ence aproba un dividendo complementario de 0,066 euros por acción

230A6670_1.jpg

22 de marzo de 2018.- Ence Energía y Celulosa pagará un dividendo complementario de 0,066 € brutos por acción que, unido aos dividendos a conta xa abonados, totaliza un dividendo de 0,187 € brutos por acción con cargo ao exercicio 2017, un 136% máis que o abonado con cargo a 2016. Este dividendo farase efectivo o próximo 12 de abril.

Na súa intervención ante a Xunta de Accionistas, o presidente de Ence, Juan Luis Arregui, sinalou a importancia de impulsar a enerxía con biomasa, unha altenativa renovable firme, totalmente programable e estable: "Esta enerxía desaprovéitase queimando cantidades inxentes de biomasa agrícola nos nosos campos, o que provoca un dano ambiental terrible". Ademais, engadiu que "a xeración con biomasa de baixa emisión supón un complemento perfecto para a eólica e a fotovoltaica. Un desenvolvemento conxunto destas tres tecnoloxías supoñería unha solución intelixente e eficaz para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, e para dotar ao Sistema Eléctrico de maior garantía de subministración".

Polo que se refire á biofábrica de Pontevedra, Ignacio Colmenares, Conselleiro Delegado de Ence, destacou os importantes proxectos de mellora operativa e ambiental que se desenvolven na planta, así como ao Plan Social Pontevedra, un destacado programa de axudas sociais centrado en mellorar a calidade de vida dos veciños de Pontevedra e a súa comarca, compromisos que forman parte do pacto ambiental asinado coa Xunta de Galicia en 2016.

Colmenares recalcou que "a biofábrica de Pontevedra volveu a superar un ano máis os seus resultados ambientais. Ademais, desde o punto de vista operativo, a súa produción de celulosa aumentou un 3% sobre 2016. A enerxía vendida foi un 12% superior". "Así mesmo, o número de accidentes reduciuse nun 63%, e o índice de frecuencia de accidentes é 10 veces inferior ao do sector en España".

O Conselleiro Delegado de Ence destacou que a compañía xa cumpriu todos os obxectivos expostos no Plan Estratéxico 2016-2020, por iso atópase xa traballando nun novo Plan Estratéxico 2019-2022, cuxas premisas básicas son o crecemento orgánico e a diversificación de novos produtos de celulosa, e seguir crecendo en enerxía.

Neste sentido quixo facer fincapé en que "os bioproductos derivados da madeira xogarán un papel protagonista nunha economía global. Países con enormes poboacións, como Vietnam ou Indonesia, sumaranse ao consumo crecente de China e India de bioproductos hixiénicos baseados na celulosa. Ademais, engadiu que "as fibras celulósicas substituirán no téxtil ao algodón, incapaz de satisfacer a crecente demanda provocada polo progresivo aumento de poboación".

Colmenares afirmou que "coa vista posta en 2030 ou 2050, tamén serán necesarios decenas de xigavatios de enerxía renovable" e que "o potencial sen aproveitar da biomasa agrícola  excedentaria tamén nos ofrece un panorama alentador, xa que é a única renovable firme e xestionable".