Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A fábrica de Ence en Pontevedra volve mellorar os seus resultados ambientais en 2017

MR PARADA ENCE 2.JPG
30 de xaneiro de 2018.- Durante 2017, a fábrica de Ence Energía y Celulosa en Pontevedra volveu mellorar os seus resultados ambientais. De feito, todos os parámetros que caracterizan o efluente da planta melloraron os seus resultados, entre os que cabe destacar a redución nun 13% da DQO (Demanda Química de Osíxeno) -principal medida da calidade do efluente-, que se situou en 3,65 kg/tonelada.

 

Este dato revela que a planta de Ence en Lourizán mellora nun 48% o límite marcado pola súa Autorización Ambiental Integrada (AAI), que o sitúa en 7 kg/tonelada, así como a normativa europea BREF de mellores prácticas ambientais do sector, que establece un rango de 7 a 20 kg/tonelada para as mellores fábricas do sector da celulosa.

Doutra banda, hai que destacar que a fábrica de celulosa de Ence logrou reducir o caudal do seu efluente nun 10%, que quedou situado en 28,9 m3/tonelada, un 22% por baixo do límite máximo marcado pola AAI da instalación. Así mesmo, os sólidos en suspensión, outro dos indicadores máis importantes do comportamento ambiental da factoría, reducíronse nun 19% durante 2019 ao quedar reducidos a 0,44 kg/tonelada e situáronse un 76% por baixo do máximo permitido pola AAI.

Os indicadores ambientais do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra sitúan á factoría á vangarda mundial do seu sector en desempeño ambiental. A fábrica de Lourizán ten implantado un Sistema Integrado de Xestión de acordo a normas ISO e certificado por un organismo acreditado que realiza anualmente as auditorías correspondentes. Ademais, o Centro está adherido ao Regulamento EMAS da Unión Europea, sendo a primeira fábrica de Galicia en acceder a este esixente compromiso voluntario.

Calquera cidadán pode seguir día a día os resultados da xestión ambiental de Ence Pontevedra a través da súa páxina web www.encepontevedra.com. Ence aposta pola transparencia total con esta pioneira medida, enmarcada dentro das súas políticas de sustentabilidade e que non foi adoptada por ningunha outra factoría do seu sector na Unión Europea.