Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A fábrica de ENCE en Pontevedra reduce nun 25% as emisións olorosas

Fábrica Pontevedra 2.JPG

1 de febreiro de 2018.- A fábrica de ENCE en Pontevedra logrou reducir nun 25% as súas emisións olorosas en 2017 respecto ao ano anterior. Ditas emisións foron de menos de 1 minuto diario de media, fronte aos 1,5 minutos de media rexistrados pola fábrica en 2016.

As emisións de sulfuro de hidróxeno (SH2), parámetro característico do cheiro, diminuíron notablemente alcanzándose unha redución do 63% na Caldeira de Recuperación e un 55 % nos Fornos de Cal.

Isto significa que desde o inicio do proxecto "Cero Olor" en 2010, alcanzouse unha redución de máis do 99% no número de episodios olorosos.

Respecto ao resto de parámetros de emisións á atmosfera, todos eles están moi por debaixo dos límites establecidos na Autorización Ambiental Integrada. Para a mellora do comportamento ambiental, aplicouse o principio de mellora continua coa metodoloxía 6 sigma focalizada na redución das emisións na Caldeira de Recuperación e Fornos de Cal. Desta maneira, os resultados alcanzados permiten á fábrica de Pontevedra cumprir os valores do rango de referencia do Bref que serán de aplicación a partir do último trimestre do ano.

Estes resultados obtéñense como consecuencia do compromiso de todas as persoas que traballan en Ence así como polo esforzo investidor que a Compañía veu levando a cabo nos últimos anos para a implantación das mellores tecnoloxías para mellora do comportamento ambiental.