Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A fábrica de Ence en Pontevedra comeza a súa parada técnica anual á que destinará 3,5 millóns de euros

img.jpg
17 de marzo de 2017.- O vindeiro luns dá comezo a parada técnica anual da fábrica de Ence Enerxía e Celulosa en Lourizán, á que a compañía prevé destinar investimentos por importe de 3,5 millóns de euros. Durante a parada, que terá unha duración estimada de 10 días, o Centro Operativo de Ence someterase a un exhaustivo programa de mantemento e, ademais, aproveitarase para incorporar novas tecnoloxías para seguir reforzando a excelencia ambiental e a súa eficiencia.
 
Así, entre as operacións previstas hai que destacar as melloras que se introducirán na caldeira de recuperación da fábrica e a substitución do rotor da turbina, o que levará unha importante mellora da eficiencia enerxética da factoría. Tamén se Instalarán novos chisqueiros nos fornos de cal que redundará nun mellor comportamento ambiental das instalacións.
 
Ence Pontevedra, que conta cun persoal medio de 350 persoas, verá aumentado en 1.200 o número de traballadores durante a parada técnica pertencentes a 130 empresas, a maior parte delas de Galicia. Tamén hai que sinalar que participarán compañías especializadas de España e outros países como Finlandia, Dinamarca, Suecia e Francia.
 
Ence seguirá avanzando no seu programa Cero Cheiros para a total erradicación do impacto oloroso das súas instalacións mediante diversas melloras nos digestores e caldeiras da planta, que permitirán elevar a calidade da condensación e control de gases.
 
Durante a presente parada realizaranse traballos preparatorios para o aumento de capacidade en 30.000 toneladas que se acometerá na parada técnica de 2018, primeira fase do aumento total de 70.000 toneladas que Ence prevé para a súa fábrica pontevedresa