Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A Convocatoria de Bolsas Ence para Estudos de Mestrado entra na súa última semana

imagen.jpg
05 de xullo de 2015. Este domingo, día 10 de xullo, remata o prazo para solicitar as Bolsas Ence para realizar Estudos de Mestrado. O programa de Bolsas de Ence Enerxía e Celulosa para estudantes de Pontevedra e comarca, que chega á súa quinta edición, está destinado a apoiar a especialización das alumnas e alumnos mediante os estudos de mestrado nas universidades de Galicia, o resto de España e o estranxeiro.
 
Cando se complete a convocatoria actual, serán 25 os estudantes da bisbarra que realizaron os estudos de mestrado con bolsas nos últimos 5 anos en diferentes universidades de Europa, Galicia e o resto de España.
 
Cada unha das bolsas que Ence ofrece en 2016 para a realización de estudos no estranxeiro terá unha dotación de 6.000 euros. Como en anos anteriores, o 50% do monto da bolsa recíbese antes do inicio dos estudos. O 50% restante desembólsase cando a persoa beneficiada termina os seus estudos. 
 
Aqueles estudantes que opten polas universidades galegas recibirán un apoio de 3.000 euros. Os que se efectúen os seus estudos noutras universidades do Estado recibirán, ademais dos 3.000 euros, un complemento de 1.000 euros para gastos de desprazamento.
 
Bases na Rede
 
As bases do programa de bolsas Ence poden ser descargadas do sitio web de Ence Pontevedra -http://encepontevedra.com/documentacion.php. A empresa priorizará aquelas solicitudes para o estudo de programas relacionados coa protección do medio ambiente e a biodiversidade, as ciencias forestais e agrarias, a enxeñería, o desenvolvemento industrial e infraestruturas territoriais, a administración e xestión da empresa e as ciencias sociais e da comunicación. 
 
Os interesados poden solicitar máis información sobre a III Convocatoria de Bolsas de Ence en Pontevedra a través da dirección de correo electrónico becasencepontevedra@ence.es.