Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A Audiencia Nacional desestima o recurso do Concello de Pontevedra sobre a concesión da biofábrica de Ence-Pontevedra

2016_RENDERS_Página_09_Imagen_0001.jpg
14 de xaneiro de 2019.- A Sala Contencioso-Administrativa da Audiencia Nacional ditou sentenza desestimatoria do recurso interposto polo Concello de Pontevedra contra a resolución do 24 de xullo de 2015 do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
 
Segundo esta resolución, e coa conformidade de Ence, acordouse declarar a caducidade parcial da concesión dos terreos ocupados pola biofábrica da compañía en Lourizán no que se refire aos terreos ocupados pola EDAR de Praceres, do emisario submarino existente xunto á EDAR e das instalacións deportivas, e declarábase a subsistencia da concesión sobre todos os demais terreos de Ence-Pontevedra.
 
A compañía considera que a sentenza da Audiencia Nacional confirma a solidez da posición xurídica e os seus argumentos da renovación da prórroga da concesión de Ence-Pontevedra. Ence Energía y Celulosa confía en que esta sólida posición permita resolver favorablemente para o futuro da a súa biofábrica de Pontevedra os recursos pendentes de resolución polas correspondentes instancias xudiciais.
show_cookie_policy: 1