Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A Asociación de Silvicultores Costa Norte adhírese ao programa de fidelización para produtores forestais de Ence

180921_Programa de puntos.jpg

21 de setembro de 2018.- A Asociación de  Silvicultores Costa Norte de Ortigueira (A Coruña) converteuse na segunda entidade en adherirse ao Programa de Fidelización para produtores forestais que a compañía Ence-Energía y Celulosa puxo en marcha recentemente.

A pasada semana tivo lugar a firma do convenio de colaboración con Ence no transcurso dunha reunión con José Manuel Tubío, director de Subministración de Madeira en Pé da compañía, na que tamén estiveron presentes outros representantes da entidade forestal e da empresa. Trátase do primeiro membro da categoría Ouro do Programa, o chanzo medio das tres que existen, e que completan as categorías Platino e Bronce.

O Programa de Fidelización para propietarios forestais, unha iniciativa lanzada por Ence a finais do mes de agosto, e á que inicialmente se adheriu a Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro (Promavi), ten como obxectivo contribuír á mellora da xestión forestal e reforzar as relacións entre a compañía e os produtores de madeira, mediante a creación dun programa de puntos que premiará a fidelidade e compromiso dos propietarios.

Os puntos acumulados polas asociacións adheridas ao programa serán trocables por servizos dispoñibles no catálogo de Ence, tales como planta mellorada, fertilizante, tratamentos fitosanitarios, rozas, mantemento de pistas e devasas, etc.

Tres categorías e múltiples vantaxes para os produtores

O Programa de Puntos de Ence parte da creación de tres categorías que se asignarán aos produtores na firma do acordo de adhesión da asociación ao programa, e revisaranse anualmente na renovación do convenio de compra. As categorías estableceranse en función de varios parámetros acordes aos compromisos pactados con Ence.

En función do grao de cumprimento destes parámetros e dos seus obxectivos trimestrais, as asociacións de produtores recibirán a final de ano un número determinado de puntos, aos que poderán sumarse puntos adicionais obtidos coa participación da asociación noutras campañas de compra ás que se adheriron.

show_cookie_policy: 1