Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

30 veleiros sucarán mañá o litoral pontevedrés na II Regata Ence Ría de Pontevedra

matregenc.jpg

21 de xuño de 2012. A II Regata Ence Ría de Pontevedra xa se fai notar en augas pontevedresas. A Singladura de la Inclusión comezou esta mañá coa participación de preto de mozos usuarios da ONGAvanzar, que traballa da man de persoas con problemas de mobilidade. Acompañados por monitores e polo persoal do Club Náutico de Combarro, os mozos gozaron do seu bautizo de mar: por primeira vez subían a un veleiro e percorrían as augas da Ría.

A competición comeza mañá. A poucas horas do peche de inscricións, estímase que a participación se aproximará aos 30 veleiros, ao igual que o pasado año.Competirán nas clases Regata, Regata Cruceiro, Cruceiro e Open.

A primeira edición da Regata Ence Ría de Pontevedra celebrouse coincidindo coas festas de San Xoán en 2012. Foi impulsada polo Club Náutico de Combarro e Ence Energía e Celulosa. A participación foi igual á prevista para este ano. Boa parte dos mellores equipos de vela da Ría, e dalgúns outros puntos de Galicia participan na competición.

A Singladura de la Inclusión naceu de forma paralela á Regata. Con ela trátase de aproximar o deporte da vela ás persoas con mobilidade reducida. E de comezar a aproximar a vela adaptada á Ría de Pontevedra.

O ano pasado, participaron na Singladura de la Inclusión os usuarios das ONGs Amencer-ASPACE e Amizade-COGAMI. Este ano estaba prevista a participación de ASPACE, pero problemas de última hora e a incerteza sobre o clima impediron a participación. Si que gozaron do seu bautizo de mar os mozos usuarios de Avanzar, asociación de Cuntis tamén vencellada a COGAMI.

A Singladura de la Inclusión comezou ás dez da mañá. Durante o trascurso da xornada, os tripulantes puideron experimentar a sensación de levar o temón, decidir sobre a dirección, adaptar a forma das velas ao vento,...

A navegación prolongouse durante unhas 3 horas en dous barcos de tipo cruceiro, o que propiciou a rivalidade nalgúns momentos de manobra, chegando a aproximarse algunhas destas ao contacto entre elas. Xa en terra, á 1PM, tivo lugar a entrega de diplomas e un ágape ofrecido por cortesía do establecemento da mariña BlaBlaBla. O presidente do Club Náutico de Combarro, Julio Conde, manifestou a súa satisfacción por poder colaborar coa celebración de "este tipo de iniciativas que favorecen a difusión e práctica por parte de todos os colectivos do deporte a vela en Combarro".

show_cookie_policy: 1