Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

148 recén titulados inscritos no Programa Talento de Ence

IMG_0954.JPG

7 de decembro de 2015.- O Programa Talento de Ence conta xa con 148 mozos recén titulados inscritos a través do formulario habilitado na páxina web da empresa (www.ence.es/programatalento). Esta iniciativa, que permitirá a 28 graduados de ata dez titulacións diferentes inscribirse neste proxecto, alcanza este ano a súa segunda edición.

Ence Pontevedra incorporará, a través do II Programa Talento, recentemente egresados en Administración e Dirección de Empresas, Publicidade e Relacións Públicas / Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Enxeñería en Organización Industrial, Enxeñería Química, Enxeñería Eléctrica, Enxeñería Mecánica, Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, Enxeñería de Minas e Enxeñería Técnica Forestal e de Montes, todas elas titulacións correspondentes ás diferentes áreas da compañía.

Os candidatos que desexen inscribirse no Programa han de ser menores de 31 anos, finalizar os estudos no últimos tres anos nunha das tres universidades galegas, estar anotados no Servizo Público de Emprego Galego e carecer de experiencia profesional directamente relacionada coa súa titulación. Para iso, deberán acceder ao formulario habilitado na páxina web, antes do 13 de decembro.

O Programa Talento é unha das iniciativas para mozos postas en marcha por Ence. A empresa tamén apoia a formación dos estudantes da comarca coas Bolsas Ence para Estudos de Máster, que este ano alcanzaron a súa cuarta edición.