Ver en Español

Indicadores

Indicadores diarios de desempeño ambiental do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra

Neste sitio web, vostede poderá coñecer os indicadores diarios de desempeño ambiental do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra. Estes datos compáranse, ademais, cos parámetros establecidos na Autorización Ambiental Integrada que asegura o funcionamento sostible da fábrica e tamén cos indicadores BREF da Unión Europea, que determinan as mellores técnicas disponibles para a industria. Cada gráfica amosa, ademais, a información do desempeño ambiental nos últimos 30 días.

Dous tipos de datos

A presentación dos datos divídese en dúas grandes áreas:

  • Emisións Atmosféricas. Son as resultantes da liberación de gases, fumes e vapores orixinados no proceso de producción de pasta de celulosa e enerxía renovable con biomasa e que foron filtrados e tratados para limitar e controlar o seu impacto no medio natural.
  • Efluente Líquido. é o caudal de carácter líquido procedente da factoría que chega ó medio mariño a través dun emisario submariño e logo de ser depurado na planta de tratamento de Ence para evitar que impacte negativamente no medio receptor.

Datos por fonte

De acordo coa normativa vixente, os datos de emisións atmosféricas deben ser presentados segundo as fontes de emisión, xa que cada cheminea forma parte dunha instalación concreta e o control que se establece sobre ela é independiente respecto das demáis.

Para garantir a calidade do aire que respiramos, a normativa establece uns parámetros de emisión asociados a cada fonte ou cheminea. Sirve como exemplo o caso da Caldeira de Biomasa: a normativa establece parámetros e límites de emisión para partículas, SO2 -dióxido de sofre-, NOX -óxido de nitróxeno-, e CO -monóxido de carbono-. Ence mide os valores asociados a cada un destes elementos na Caldeira de Biomasa. Neste sitio web, poderá vostede encontrar información sobre cada un dos valores diarios asociados á caldeira de biomasa.

Os puntos de emisión aérea que se miden en Ence son os seguintes:

  • Caldeira de Recuperación.
  • Fornos de Cal.
  • Caldeira de Biomasa.
  • Qué queremos?

    O Centro de Operacións de Ence en Pontevedra resulta hoxe un centro de vangarda mundial a nivel ambiental. Grazas á tecnoloxía desenvolvida en Pontevedra, trátase dunha das dúas únicas fábricas de pasta de papel de Europa que produce pasta de celulosa de eucalipto totalmente libre de cloro (TCF, Totally Chlorine Free). Ademais, nalgúns dos parámetros máis importantes de xestión ambiental mellora ata nun 80% o que a Unión Europea considera as mellores prácticas de respecto ó medio ambiente para a producción de pasta -mellores prácticas recollidas nos indicadores BREF-.

    Coa divulgación destes datos, Ence pretende achegarlle á cidadanía, cada día, todos os seus datos de desempeño ambiental do día anterior. Deste xeito, calquera cidadán ou cidadá poderá coñecer de primeira man os indicadores de impacto ambiental do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra e comparalos cos que determina a normativa comunitaria e galega (Autorización Ambiental Integrada).

    Con estes resultados, o Centro de Operacións, garantiza a sustentabilidade do proceso industrial de Ence en Pontevedra.

Prema nos indicadores

Efluentes líquidos

Emisións Aéreas