Ver en Español

Caldeira Biomasa (SO2)

Emisións Aéreas > Caldeira de Biomasa > SO2
Volver a indicadores
Caldeira Biomasa (SO2)
Caldeira Biomasa (SO2)
mg/Nm3Límite Sup AAI

Observacións

  1. Estas gráficas publícanse para achegarlle á cidadanía información diaria que lle dea unha orientación veraz sobre o desempeño ambiental do Centro de Operacións de ENCE en Pontevedra.
  2. Os valores incluídos nestas gráficas proceden de diferentes fontes de emisión e recóllense e organízanse de acordo a un proceso semi-automatizado. Os datos actualízanse diariamente, agás en fins de semana e festivos.
  3. Existe unha gráfica por todos e cada un dos valores que deben ser analizados de acordo coa regulación autonómica e os estándares da Unión Europea.
  4. De cara a poder informar con periodicidade diaria, os datos son obtidos por equipos de medición en tempo real. A empresa, terceiras empresas oficialmente acreditadas, e as administración públicas, fan habitualmente analíticas sobre cada unha das variables incluídas nestas gráficas. Esas análises fanse de acordo con procedementos homologados e que esixen a realización de probas que farían imposible difundir esta información con carácter diario. Esas análises poden, por tanto, presentar variacións -xeralmente lixeiras- con respecto ós datos que se presentan neste sitio web.
  5. Os valores incluídos nestas gráficas representan fielmente os recollidos polos equipos de medición en tempo real. En condicións de baixa producción, ponderaranse de acordo cos valores medios de producción diaria -preto de 1.200 Tn- sempre e cando esta ponderación non afecte ó obxectivo de ENCE de aportarlle á cidadanía información que lle dea unha orientación veraz sobre a xestión ambiental da factoría de ENCE en Pontevedra.
  6. Os valores límite de emisión representados son de aplicación en condicións normais de funcionamiento segundo o descrito na Directiva 2010/75/UE.
  7. As análises de mercurio e AOX realízanse con periodicidade mensual. Dado que no proceso de producción de Ence non se empregan mercurio nin cloro o resultado será sempre tendente a cero e inferior ó límite mínimo que detectan os equipos de laboratorio empregados para facer as análises.
  8. As análises de nitróxeno e fósforo fanse semanalmente, tal e como se estipula na AAI.
  9. Os valores BREF de referencia da UE que orientan sobre boas prácticas en xestión ambiental están definidos para medias anuais. Puntualmente poden existir valores diarios que superen a referencia. O cumprimiento que garantiza unha boa xestión ambiental mídese, en todo caso, a partir da análise de resultados durante todo o ano.
  10. O significado dos valores que delimitan o rango de cumprimento dos indicadores BREF é o seguinte:
    VALOR SUPERIOR: Valor máximo que alcanzarían as plantas que operen coas mellores tecnoloxías dispoñibles.
    VALOR INFERIOR: Valor esperado cunha xestión excelente, coas condicións ambientais e de operación máis favorables. Considérase un obxectivo difícil de alcanzar. Valores inferiores significan que a fábrica mellora o que xa de por se é considerado excelente dentro do sector.
    En ambos os dous casos, estes límites enténdense coma valor medio anual.