DQO Kg/día

Indicadores Autorización Ambiental Integrada

Grafica sin datos

OBSERVACIÓNS

1. Estas gráficas publícanse para achegarlle á cidadanía información diaria que lle dea unha orientación veraz sobre o desempeño ambiental da Biofábrica de ENCE en Pontevedra.

2. Os valores incluídos nestas gráficas proceden de diferentes fontes de emisión e recóllense e organízanse de acordo a un proceso semi-automatizado. Os datos actualízanse diariamente, agás en fins de semana e festivos.

3. Existe unha gráfica de acordo coa Autorización Ambiental Integrada (AAI).

4. De cara a poder informar con periodicidade diaria, os datos son obtidos por equipos de medición en tempo real. A empresa, terceiras empresas oficialmente acreditadas, e as administración públicas, fan habitualmente analíticas sobre cada unha das variables incluídas nestas gráficas. Esas análises fanse de acordo con procedementos homologados e que esixen a realización de probas que farían imposible difundir esta información con carácter diario. Esas análises poden, por tanto, presentar variacións -xeralmente lixeiras- con respecto ós datos que se presentan neste sitio web.

5. Os valores incluídos nestas gráficas representan fielmente os recollidos polos equipos de medición en tempo real. En condicións de baixa producción, ponderaranse de acordo cos valores medios de

producción diaria -preto de 1.200 Tn- sempre e cando esta ponderación non afecte ó obxectivo de ENCE de aportarlle á cidadanía información que lle dea unha orientación veraz sobre a xestión ambiental da biofábrica de ENCE en Pontevedra.

6. Os valores límite de emisión representados son de aplicación en condicións normais de funcionamiento segundo o descrito na Directiva 2010/75/UE.

7. O significado dos valores que delimitan o rango de cumprimento dos indicadores é o seguinte: VALOR SUPERIOR: Valor máximo. Establecido na AAI. VALOR INFERIOR: Valor mínimo. Establecido na AAI.

Traballa connosco Envía o teu CV