A nosa biofábrica de Pontevedra produce pasta de papel libre de cloro e enerxía a partir de biomasa forestal. É unha das dúas únicas fábricas de Europa que produce pasta de papel totalmente libre de cloro (TCF) a partir da madeira de eucalipto.

Máis do 96 % da produción de celulosa de Ence en Pontevedra destínase á exportación, principalmente a países do norte de Europa. A biofábrica traballa con madeira producida en cultivos forestais de Galicia. Unha gran porcentaxe da produción da biofábrica é convertida finalmente polos clientes de Ence en papel tisú, aínda que a pasta tamén se usa para outras aplicacións papeleiras.

Ence fixo do seu biofábrica galega unha das primeiras do mundo en desempeño ambiental no seu sector. Os resultados de xestión ambiental da factoría melloran ata nun 77% os indicadores BREF, que definen as mellores prácticas para a produción de pasta dentro da Unión Europea.

Pomos tamén á disposición da cidadanía toda a información relativa ao desempeño ambiental da nosa biofábrica de Pontevedra diariamente. Pódela consultar na sección de Indicadores Diarios, así como na declaración ambiental que publicamos anualmente e que se pode descargar na seguinte ligazón: Declaración Ambiental Ence Pontevedra 2017.

O proceso de tratamento de residuos líquidos garante o respecto á Ría e aos seus ecosistemas. Demóstrano os estudos e as análises que se fan de maneira periódica na Ría, tanto por parte da empresa como por parte de terceiras persoas acreditadas —universidades incluídas—. A auga que sae á Ría polo emisario submarino pasa por un rigoroso proceso de depuración e cumpre cos máis esixentes estándares ambientais.

A produción de enerxía con biomasa permítelle á fábrica de Ence en Pontevedra ser practicamente autosuficiente en materia de enerxía: utilizando a parte da madeira que non emprega para producir celulosa e de biomasa galega, xera case toda a enerxía renovable que consome no seu proceso industrial. Produce tanta enerxía ao ano como a que consomen 60.000 vivendas.

A Biofábrica de Pontevedra en cifras

350 empregos

directos en Pontevedra

800 empregos

directos e indirectos en Pontevedra, Marín e Poio

24 millóns €

anuais investidos en mercar produtos e servizos locais

3 millóns €

anuais destinados ao Plan Social

33 millóns

de euros contribuídos ás arcas públicas

Descubre como producimos celulosa libre de cloro e respectuosa co medio ambiente: