O Fisgón Futsal pon fin á súa mellor tempada grazas ao apoio do Plan Social de Ence en Pontevedra

Os beneficiarios do Plan Social de Ence en Pontevedra seguen impulsando os seus proxectos e alcanzando os seus obxectivos a pesar da situación actual. Nesta ocasión, O Fisgón Futsal, equipo de fútbol sala feminino natural de Marín, logrou disputar o playoff de ascenso a Primeira División tras realizar unha brillante tempada. A pesar de quedar eliminado pola mínima, o equipo loitou ata o final nun partido moi igualado que puido decantarse cara a calquera lado do marcador.

Durante o mes de maio, o club recibiu a noticia que poñía fin á tempada de forma prematura por mor da crise sanitaria. Con todo, un meritorio segundo posto outorgoulles o premio de disputar a fase de ascenso para tentar alcanzar a élite do fútbol sala feminino español.

Este proxecto deportivo, amparado por Ence como un dos seus principais patrocinadores, logrou superar todas as expectativas a curto prazo. De feito, como destaca Pili Costa, adestradora do primeiro equipo, “A primeira tempada era de reconstrución e coordinación de todos os equipos e de competir forte coas mozas do primeiro equipo en Segunda División. A idea de xogar o playoff de ascenso era para a próxima tempada, pero adiantáronsenos os prazos “.

O conxunto marinense tamén apostou por un equipamento exclusivo á hora de disputar a fase de ascenso. Trátase dunha homenaxe a Ence, como xesto de agradecemento ao apoio que a compañía lles brindou durante as últimas tempadas e que lles permitiu crecer deportivamente a pasos axigantados.

Antonio Casal, director territorial de Ence, non quixo deixar pasar a oportunidade de darlle os seus parabéns a todo o persoal e corpo técnico. Nun encontro realizado no Pavillón da Raña entre o persoal e Casal, o representante da compañía aproveitou para lembrarlles “o orgullo que supón para Ence que os beneficiarios do Plan Social logren superar os seus obxectivos”, ademais de “a importancia que ten para a compañía impulsar o deporte feminino na comarca”.

Durante os últimos tres anos, Ence axudou a 321 clubs e deportistas a través do seu Plan Social, destinando case 3.000.000€ a impulsar o deporte na comarca. Grazas a esta iniciativa social, unha das de maior envergadura realizada por unha empresa privada en España, supuxo un estímulo vital para moitas entidades que, como O Fisgón, suplen co seu esforzo e traballo a falta de medios.