Ence Pontevedra aposta polo talento novo

Ence mantén unha decidida aposta polo talento novo, como así o evidencian os máis de 60 traballadores menores de 30 anos do persoal de Ence Pontevedra e a crecente demanda para participar no Programa Talento.

Trátase dunha iniciativa que actualmente se atopa no ecuador da súa quinta edición. A través do programa Talento, un grupo de 25 mozos recentemente titulados ten a súa primeira experiencia profesional nas distintas áreas de traballo que se desempeñan na  biofábrica. Deste xeito, estes mozos poden coñecer e comprender os diferentes negocios da compañía, adquirir coñecementos básicos de xestión empresarial e desenvolver habilidades para mellorar a efectividade profesional, vinculadas á cultura e estilo profesional de Ence.

O éxito desta iniciativa quedou demostrada tras un estudo realizado en anteriores edicións, revelando que un 86,96 % dos participantes conseguiu emprego antes dun ano tras o seu paso polo Programa Talento, converténdose así nun “impulso profesional para os recentemente titulados”.

Como sinala a directora de Capital Humano de Ence Pontevedra, Patricia Vázquez, o Programa Talento “nace coa vocación de cumprir o noso compromiso coa contorna no que cooperamos e dar oportunidades de desenvolvemento e emprego aos novos mozos que se incorporan ao mundo laboral”.

Tras un rigoroso proceso de selección, os novos talentos incorporáronse ao persoal da compañía adquirindo un compromiso de 12 meses. Antes de incorporarse a Ence, todos completaron estudos como Administración e Dirección de Empresas, Publicidade e Relacións Públicas, Relacións Laborais e Recursos Humanos, así como distintas enxeñerías, como Organización Industrial, Química, Eléctrica, Mecánica, Electrónica Industrial e Automática, de Minas e Técnica Forestal e de Montes. Todas estas titulacións son aplicables, dunha ou outra forma, á actividade da factoría pontevedresa.

Para a compañía é un orgullo impulsar o novo talento galego xa que cre firmemente na profesionalidade e o potencial dos mozos da comarca. Ence confía en seguir apostando pola súa contorna e ofrecendo a oportunidade de formar á súa contorna máis próxima.