A Biofábrica de Ence en Pontevedra volve a mellorar os seus resultados ambientais en 2019

A  biofábrica de Ence Energía y Celulosa en Pontevedra volveu a mellorar en 2019, un ano máis, os seus resultados ambientais con respecto aos límites fixados na súa Autorización Ambiental Integrada (AAI). Todos os parámetros do efluente da planta están moi por baixo dos límites fixados na AAI, entre os que cabe destacar a DQO (Demanda Química de Osíxeno) –principal medida da calidade do efluente–, que mellorou nun 65% o límite marcado, situándose en 2,46 kg/ tAD, fronte ao límite establecido de 7 kg/ tAD.

A evolución deste dato revela os avances que a biofábrica logrou na calidade do seu efluente final. Ademais, hai que resaltar que a DQO de Ence Pontevedra mellora nun 87,7% o rango superior de referencia que marca a normativa europea BREF de mellores prácticas ambientais do sector da celulosa para este parámetro.

Doutra banda, hai que destacar que a biofábrica de Pontevedra logrou reducir o caudal do seu efluente un 9% respecto ao resultado alcanzando no 2018. Así mesmo, os sólidos en suspensión, outro dos indicadores clave no comportamento ambiental, foron un 46% inferiores ao máximo autorizado por a Autorización Ambiental Integrada. Respecto do rango de referencia do BREF, o resultado alcanzado sitúase un 75% por baixo do máximo permitido por esta normativa.

Ademais hai que destacar a redución de consumo de auga realizada na biofábrica de Lourizán, do 12%, consolidando unha redución de case un 20% no consumo no últimos catro anos.

Os indicadores ambientais da biofábrica de Ence en Pontevedra sitúan o complexo industrial á vangarda mundial do seu sector en desempeño ambiental. A planta ten implantado un Sistema Integrado de Xestión de acordo ás normas ISO 9001 e 14001 e OHSAS 18001, e está certificada por un organismo acreditado que realiza anualmente as auditorías correspondentes. Ademais, o centro está adherido ao Regulamento EMAS da Unión Europea, sendo a primeira fábrica de Galicia en acceder a este esixente compromiso voluntario.

Proba da calidade ambiental de Ence-Pontevedra son os bancos de marisqueo situados en Os Praceres, así como en Lourido, Combarro e Raxó, nas inmediacións da planta, e as cinco praias co distintivo de bandeira azul da UE en Cabeceira (Poio) e Portocelo, Mogor, Aguete e Santo do Mar (Marín).

Por ultimo hai que mencionar o esforzo realizado pola compañía desde o ano 2010 no proxecto “Cero cheiros”, proxecto no que se logrou reducir nun 98% o impacto oloroso na contorna.

Calquera cidadán pode seguir día a día os resultados de xestión ambiental de Ence Pontevedra a través da súa páxina web www.encepontevedra.com. A compañía aposta pola transparencia total con esta medida pioneira, enmarcada dentro das súas políticas de sustentabilidade e única na industria da celulosa.