A biofábrica de Ence recibe preto de 600 visitantes durante o ano 2019

A transparencia é unha das bases fundamentais de Ence, é por iso que a empresa recibe no seu centro cada ano centos de visitantes para dar a coñecer a actividade levada a cabo nas súas instalacións de Lourizán.

O pasado ano a planta recibiu 582 visitas de colectivos interesados en coñecer de primeira man o proceso de produción da biofábrica de Pontevedra. Destes case 600 visitantes 386 corresponderon a colexios, 132 a asociacións e 64 a universidades.

As visitas organizadas semanalmente pola empresa non só corresponden a grupos locais senón tamén a estranxeiros, pois o modelo de produción sustentable e de última xeración levado a cabo na  bioplanta de Pontevedra xera un exponencial aumento de solicitudes de visitas cada ano.

Durante as visitas, os asistentes coñecen o proceso de produción da  biofábrica de pasta de papel. Comezando pola transformación da materia prima ata a obtención do produto final a través dun proceso limpo e sustentable: a pasta de papel.

Ademais cabe destacar que Ence é a primeira empresa española en xeración renovable con biomasa agrícola e forestal e por iso a biofábrica de Pontevedra autoabastecese enerxeticamente grazas ao aproveitamento dos restos forestais, o que supón un claro exemplo de economía circular.

O proceso produtivo de Ence non só cumpre, senón que supera todos os estándares ambientais. Proba disto son os diferentes recoñecementos que lle foron outorgados á  biofábrica de Lourizán, como a ecoetiqueta  Nordic  Swan ou a Distinción de Ouro da Comisión Europea.

Seguindo esta política de transparencia, a compañía publica diariamente os seus indicadores ambientais a través da súa páxina web http://encepontevedra.com/