Máis de 11 millóns de euros solicitados na III convocatoria do Plan Social de Ence Pontevedra

13 de decembro de 2019.- A terceira Convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra pechouse cunha cifra superior a 11 millóns de euros repartidos entre 477 proxectos. Destaca a cantidade solicita nas áreas de Apoio ao Deporte, cerca de tres millóns de euros,  Recuperación e Coidado da Contorna, cerca de dous millóns e medio de euros, e Impulso ao Emprendemento e á Innovación, máis de dous millóns de euros.

Os programas de Apoio á Educación e Cultura solicitaron cerca de dous millóns de euros, Loita contra a Exclusión Social máis de un millón de euros, e Axudas Veciñais cerca de medio millón de euros. O importante número de proxectos recibidos xunto coa magnitude da cantidade solicitada por todos eles, demostra unha vez máis o éxito do Plan Social, unha iniciativa que segue crecendo ano tras ano e que supón unha valiosa axuda para a contorna social de Ence.

Trátase dunha das iniciativas sociais de maior envergadura realizada por unha empresa privada en España. A través das diferentes áreas de actuación, contribúe a mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns de Pontevedra e a súa comarca. Ademais, dentro da Política de Sostenibilidade desenvolta por Ence, o Plan complementa de forma notable a xestión ambiental da  biofábrica de Pontevedra, acreditada en múltiples ocasións con recoñecementos como a etiqueta  Nordic  Swan.