Reyes Cerezo, Secretaria Xeral de Ence, reafirma na COP25 a importancia do papel da muller na transición enerxética

Reyes Cerezo, Secretaria Xeral de Ence, participou onte nunha mesa redonda no marco da  COP 25 baixo o título de “Mulleres con enerxía contra o cambio climático”. Esta iniciativa buscaba dar visibilidade ao papel das mulleres en postos de responsabilidade no contexto da transición enerxética en España, e destacar aquelas capacidades e fortalezas que achegan as mesmas para facer as empresas máis competitivas e resilientes.

Durante a súa intervención, Reyes Cerezo presentou os obxectivos de igualdade de Ence, poñendo o foco na aposta da empresa pola contratación e promoción das mulleres dentro da compañía, conseguindo incrementar nun 11% a presenza feminina do persoal respecto ao ano anterior. Ademais, realizou especial fincapé no aumento de mulleres en posicións de responsabilidade, tales como xefas de produción en plantas independentes de enerxía, xerentes de calidade e  medioambiente, xefas de seguridade ou enxeñeiras de proxecto.

Así mesmo, destacou que a paridade é un aspecto de especial relevancia para Ence, posto que esta iniciativa non só se aplicou ás mulleres do persoal senón no propio Consello de Administración, onde en apenas dous anos incrementouse a presenza feminina dun 7% a un 29%, en liña coas recomendacións do Código de Bo Goberno da CNMV.

A Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático, máis coñecida como  COP25, alcanza xa con esta o seu  vixésimo quinta edición. Actualmente, máis de 200 países son membros desta convención, onde tamén participan representantes de empresas, organizacións internacionais, grupos de interese e asociacións.

A edición deste ano resultou de especial relevancia, xa que constitúe a última reunión para activar o Acordo de París, concibido como o primeiro pacto mundial vinculante en defensa do clima do planeta, que estará plenamente vixente en xaneiro de 2020. Deste xeito, A  COP25 busca impulsar as garantías para poñelo en marcha coa entrada en vigor das medidas a nivel nacional.