Ence reafirma o seu compromiso coa defensa da súa biofábrica de Pontevedra

Ence Energía y Celulosa reafirma o seu compromiso coa defensa da prórroga da concesión da súa  biofábrica de Pontevedra, tras a valoración efectuada pola axencia de rating Moody’s nun informe no que considera que a compañía podería compensar o impacto dun hipotético peche da planta de Lourizán co negocio de enerxía renovable.

Ence respecta a valoración efectuada por  Moody’s pero, tal e como anunciou na súa Xunta Xeral de Accionistas do mes de marzo, a empresa defenderá a concesión da planta ata as últimas instancias en interese dos seus traballadores, provedores e das máis de 5.000 familias que dependen do seu funcionamento.

A actividade industrial de Ence réxese polos máis altos estándares de responsabilidade ambiental. Os parámetros da biofábrica melloran, amplamente, as máis esixentes normas e autorizacións ambientais europeas e españolas.

Desde 2014, a Biofábrica de Pontevedra conta coa etiqueta ecolóxica Nordic Swan (ecoetiqueta oficial dos países nórdicos) por cumprir cos máis esixentes criterios de respecto ambiental. Ademais, en 2015, a Comisión Europea concedeu a Distinción Ouro á Biofábrica de Ence en recoñecemento á súa mellora ambiental nos últimos 15 anos.

Proba da calidade ambiental de Ence-Pontevedra son os importantes bancos de marisqueo nos Praceres –que está xunto á biofábrica–, así como nas localidades próximas de Lourido, Combarro e Raxó. Outra mostra da súa calidade ambiental é que na área da Ría de Pontevedra próxima á biofábrica hai cinco praias co distintivo de bandeira azul da UE: Cabeceira en Poio, e Portocelo, Mogor, Aguete e Santo do Mar en Marín.