A terceira convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra encara a recta final

O prazo aberto para a presentación de solicitudes da terceira Convocatoria de Axudas do Plan Social de Ence en Pontevedra encara a súa recta final. O período para a recepción de proxectos, que van chegando a bo ritmo, finalizará o próximo 31 de outubro.

A compañía anima aos veciños de Pontevedra a presentar os seus proxectos ao Plan Social de Ence, que contempla destinar ata 3 millóns de euros anuais ás devanditas axudas, divididas en diferentes programas coa seguinte asignación de fondos:

Área de actuación Importe máximo
1.       Apoio e axudas á educación e cultura 300.000 €
2.       Impulso ao emprendemento e a economía 600.000 €
3.       Recuperación e coidado da contorna 400.000 €
4.       Apoio ao deporte de base 900.000 €
6.       Loita contra a exclusión social 530.000 €
7.       Axudas veciñais diversas 200.000 €
8.       Administración, xestión e comunicación

9.       Dixitalización do proceso de solicitude e adxudicación de axudas

50.000 €

20.000€

TOTAL 3.000.000 €

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas que presenten proxectos a desenvolver en Pontevedra, Marín ou Poio. Excepcionalmente, poderán apoiarse proxectos noutras zonas sempre que se correspondan con lugares nos que resulta relevante a actividade de Ence. A compañía habilitou a páxina web www.plansocialence.es onde os interesados poden consultar as bases da convocatoria e formalizar a súa solicitude.

Ence quere dar a máxima difusión ao seu Plan Social de Pontevedra para lograr que esta iniciativa –un dos maiores programas de axudas sociais dunha empresa privada en España- contribúa eficazmente á calidade de vida dos cidadáns da cidade de Pontevedra e a súa comarca. Ademais, dentro da política de Sustentabilidade de Ence, o Plan constitúe un notable complemento á calidade na xestión ambiental da súa  biofábrica de Lourizán acreditada polos recoñecementos da Comisión Europea á mellora ambiental e a  ecoetiqueta  Nordic  Swan.