Ence lanza a terceira convocatoria do Plan Social para Pontevedra

Ence puxo en marcha a III Convocatoria do seu Plan Social para Pontevedra 2019, cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 1 ao 31 de outubro. Este plan ao que a empresa destinará tres millóns de euros, é unha das iniciativas sociais de maior envergadura levada a cabo por unha empresa privada en España.

Despois da gran acollida que tivo o plan nas súas dúas primeiras edicións, nas que participaron un total de 812 proxectos, a compañía confía no éxito desta nova convocatoria e en poder seguir contribuíndo activamente á mellora da calidade de vida dos seus veciños e ao crecemento económico da comarca.

Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas físicas ou xurídicas cuxos proxectos se desenvolvan na contorna da biofábrica de Ence: Pontevedra, Poio e Marín. Excepcionalmente, poderán apoiarse proxectos noutras zonas, sempre e cando estean relacionados con actividades forestais e de coidado da contorna.

Cada solicitante deberá seleccionar unha área de actuación segundo as características do proxecto. Os orzamentos adxudicados a cada unha das áreas na convocatoria de 2019 son os seguintes:

Área de actuación Importe

máximo

1. Apoio e axudas á educación e cultura 300.000 €
2. Impulso ao emprendemento e a innovación 600.000 €
3. Recuperación e coidado da contorna 400.000 €
4. Apoio ao deporte de base 900.000 €
5. Loita contra a exclusión social 530.000 €
6. Axudas veciñais diversas 200.000 €
7. Dixitalización do proceso de solicitude e adxudicación de axudas 20.000€
8. Administración, xestión e comunicación 50.000 €
TOTAL 3.000.000 €

 

Na 3ª edición do Plan Social, as solicitudes de axuda presentaranse na páxina web www.plansocialence.es, onde tamén se poderán consultar as bases desta convocatoria e toda a información das anteriores. Ademais, a empresa ten habilitada unha conta de correo plansocialpontevedra@ence.es onde se pode realizar calquera consulta relacionada co Plan.

En 2018 beneficiáronse do Plan Social 296 proxectos cos que se Ence contribuíu activamente á mellora da calidade de vida de Pontevedra, Poio e Marín, e que se enmarca no compromiso da compañía coa responsabilidade social e o benestar social dos seus veciños.