Información sobre o uso de combustibles auxiliares na biofábrica de Ence en Pontevedra

Ante a información falsa que difundiu a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) sobre o uso de aceites como combustibles non autorizados, Ence desminte rotundamente estas acusacións e puntualiza os seguintes extremos:

  • A biofábrica de Pontevedra cumpre rigorosamente a súa Autorización Ambiental Integrada (AAI) e non utiliza, de ningún modo, combustibles nin ningún outro produto incompatible con dita Autorización.
  • Esta planta utiliza combustibles auxiliares para o arranque e parada do seu proceso de produción, que se suxeitan rigorosamente á normativa e lexislación vixente. Hai que resaltar que Ence Pontevedra produce a práctica totalidade da enerxía que precisa para operar con fontes de xeración e coxeración renovables e limpas.
  • A biofábrica, seguindo co establecido pola orde ministerial APM/205/2018, de 22 de febreiro, que regula o uso como combustible de aceite procesado, aproveita este tipo de combustible nos mencionados procesos de arranque e parada. Ence esixe a todos os seus provedores un certificado que avale que compren cos requisitos establecidos pola citada orde.

O uso deste combustible é un claro exemplo de contribución por parte de Ence á Economía Circular e unha boa mostra de reutilización dos recursos, neste caso dun aceite con certificado de calidade e sen maior impacto sobre o medio ambiente que o fuel. Neste sentido, a planta de Lourizán reutiliza e confire un novo valor aos materiais e recursos que emprega para operar, tanto dende o punto de vista produtivo como enerxético.