O Consello de Administración de Ence reúnese en Pontevedra

O Consello de Administración de Ence reuniuse este luns e martes na biofábrica da compañía en Pontevedra. O principal órgano de goberno da empresa aproveitou a súa reunión para transmitir o seu apoio aos traballadores e resaltar que seguirá facendo o maior esforzo para defender os seus postos de traballo.

Durante o transcurso da xornada, o Presidente de Ence, Ignacio Colmenares, felicitou en nome de todo o Consello ao equipo de profesionais da planta de Lourizán polo seu gran traballo en prol da sustentabilidade e a excelencia ambiental. Un esforzo que redunda no folgado cumprimento da normativa (europea, estatal e autonómica) e nun exhaustivo e continuado control de emisións e efluente que asegura a calidade da auga da Ría de Pontevedra.

Ademais, Ignacio  Colmenares fixo especial fincapé en que, a pesar deste momento delicado e de incerteza que vive Ence-Pontevedra, todo o equipo da  biofactoría está a se empregar a fondo e logrando bos resultados.

Neste sentido destacou que, á espera de que a Audiencia Nacional se pronuncie sobre as causas abertas en relación á concesión de Ence-Pontevedra, non hai mellor modo de defender a importancia deste motor de emprego e crecemento -de cuxa actividade dependen directa e indirectamente máis de 5.000 postos de traballo- que continuar cumprindo rigorosamente coa normativa, mellorando todos os parámetros ambientais e levando a cabo un traballo excelente, como o que se desenvolve nesta biofábrica.