Aclaración sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación a Ence-Pontevedra

A Sentenza do TSXJ aclara que non é necesaria licenza municipal para obras contempladas dentro do PSIS.

Por mor das interpretacións equívocas da recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre a suspensión e paralización de determinadas obras nas que estaba previsto o pasaxe de camións na biofábrica de Ence-Pontevedra, a compañía desexa aclarar as seguintes cuestións:

O TSXG establece a necesidade de licenza municipal para as obras da báscula ás que se refire a sentenza, xa que considera que as mesmas non estaban dentro do marco do Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal (PSIS) de Ence-Pontevedra. No caso das obras da báscula, ao tratarse dunha obra menor e en principio desmontable, a compañía non valorou adecuadamente a súa inclusión no PSIS.

A Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aclara que non é necesaria licenza municipal para as infraestruturas, dotacións e instalacións que se contemplen dentro do PSIS.

Ence está a actuar dilixentemente en todas as actuacións executadas e en proceso de execución na súa biofábrica de Lourizán. A compañía está a asegurarse de que as actuacións que se proxecten atópense amparadas polo PSIS. Ademais, Ence comunica ao Concello de Pontevedra a execución das mesmas, así como a súa adecuación ao PSIS.