Ver en Español
Fornos Cal (SH2)
Fornos Cal (SH2)
mg/Nm3Lim. Sup. AAI

Coñeza os nosos indicadores ambientais

O Centro de Operacións de Ence en Pontevedra é hoxe unha fábrica de vangarda no mundo en xestión ambiental dentro do sector da producción de pasta de celulosa.

Queremos ser, ademais, líderes en transparencia. Por iso poñemos a disposición pública os indicadores diarios de desempeño ambiental da factoría.

Consulte todos os indicadores
Novas de Ence en Pontevedra

A Xunta Xeral de Accionistas de Ence aproba un dividendo complementario de 0,066 euros por acción

22 de marzo de 2018.- Ignacio Colmenares, Conselleiro Delegado de Ence, destacou os importantes proxectos de mellora operativa e ambiental que se desenvolven na planta de Lourizán, así como ao Plan Social Pontevedra, un destacado programa de axudas sociais centrado en mellorar a calidade de vida dos veciños de Pontevedra e a súa comarca, compromisos que forman parte do pacto ambiental asinado coa Xunta de Galicia en 2016. Ler máis

ENCE lanza a segunda convocatoria do Plan Social para Pontevedra, Marín e Poio

19 de marzo de 2018.- Dende mañá, 20 de marzo, e ata o próximo 20 de abril queda aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas ao Plan Social de Ence en Pontevedra, na súa convocatoria 2018. O Plan, cunha dotación de 3 millóns de euros, constitúe un dos programas máis importantes de axudas sociais dunha empresa privada en España. Ler máis

Lanzamento de NOVACELL, avanzado proxecto de I+D liderado por ENCE para a fabricación de novos materiais baseados nas nanocelulosas

15 de marzo de 2018.- Hoxe tivo lugar a presentación do proxecto NOVACELL, un avanzado proxecto de I+D liderado por ENCE Energía y Celulosa que se desenvolverá na súa biofábrica de Pontevedra, e cuxo obxectivo é a fabricación de novas xeracións de micro e nanopartículas de celulosa para o seu uso en produtos industriais estratéxicos. Ler máis

Ence destina 8 millóns de euros á parada técnica anual da súa planta de Pontevedra

12 de marzo de 2018.- Preto do 55% dos investimentos destinarase a melloras ambientais, o que permitirá a Ence consolidar á súa planta de Pontevedra como referencia ambiental do sector da celulosa. Ler máis

Ence organiza o terceiro encontro internacional para a loita contra o gurgullo do eucalipto en Pontevedra

2 de marzo de 2018.- Ence investiu máis de 1,1 millóns de euros desde 2016 na loita contra o Gonipterus, e continuará desenvolvendo melloras e unha campaña de tratamento biolóxico para os propietarios forestais en 2018. Ler máis

Ence Pontevedra doa unha furgoneta á Confraría San Telmo de Pontevedra

8 de febreiro de 2018.- Responsables da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, recibiron hoxe unha furgoneta isotérmica que permitirá o transporte da mercancia extraida polas mariscadoras entre os puntos de control e a lonxa de Campelo. Ler máis

A fábrica de ENCE en Pontevedra reduce nun 25% as emisións olorosas

A fábrica de ENCE en Pontevedra logrou reducir nun 25% as súas emisións olorosas en 2017 respecto ao ano anterior. Ditas emisións foron de menos de 1 minuto diario de media, fronte aos 1,5 minutos de media rexistrados pola fábrica en 2016. Ler máis

A fábrica de Ence en Pontevedra volve mellorar os seus resultados ambientais en 2017

O parámetro máis importante do efluente da fábrica, a Demanda Química de Osíxeno, mellora nun 48% a normativa europea de mellores prácticas ambientais BREF. Ler máis

Ence logrou o maior aforro no consumo de auga na comarca de Pontevedra da última década

Ence Energía y Celulosa axustará o seu consumo de auga ás limitacións establecidas por Augas de Galicia, e seguirá introducindo medidas de aforro na súa fábrica de Lourizán para paliar os efectos da actual seca en Pontevedra, tal e como veu realizando desde o pasado mes de agosto. Ler máis

Ignacio Colmenares, CEO de Ence: Contra os incendios, a rendibilidade é a clave

Por máis que se empeñen os de sempre, en atacar ao piñeiro ou ao eucalipto e acusarlles de ser a causa dos incendios en Galicia, así non van evitar traxedias como as vividas estes días, con cuxas vítimas nos solidarizamos desde estas liñas. Ler máis

A acción dos incendiarios e o monte abandonado causas dos tráxicos incendios en Galicia

Ence desexa destacar que, xunto á loita contra a acción dos incendiarios, o mantemento do monte limpo e o impulso da actividade produtiva das superficies forestais son as vías máis eficaces para combater os incendios na comunidade de Galicia. Ler máis

Ence celebra o seu derradeiro acto de entrega do Plan Social de Pontevedra en apoio ás asociacións veciñais

Representantes dos 26 proxectos adxudicatarios acudiron á terminal cuberta de Ceferino Nogueira no porto de Marín onde tivo lugar o acto de firma do convenio para a adxudicación das axudas, que permitirá a inmediata posta en marcha dos proxectos. Ler máis

Ence aproba unha política para defender as prácticas legais na subministración de madeira

O citado documento é froito dun longo proceso de conversacións entre a compañía e diversas administracións e organismos de carácter ambiental e social, co obxectivo de promover comportamentos legalmente responsables orientados á actividade de subministración. Ler máis

Ence apoia o deporte de base da comarca co Plan Social de Pontevedra

Cincuenta e tres entidades deportivas foron beneficiarias do Plan Social, no que destaca a gran diversidade de beneficiarios, desde clubs de base, ata eventos consolidados no programa deportivo de Pontevedra e a súa comarca. Ler máis

Ence celebra o seu sexto acto de entrega das axudas do Plan Social de Pontevedra en apoio á recuperación e coidado da contorna

Teimas Desenvolvemento, Asociación A.M.I.C.O.S, Asociación de amigos de Riomouro Pequeño ou Asociación para o Fomento da Bioloxía da Conservación, son algunhas das entidades beneficiarias do Plan Social. Ler máis

Os clubs deportivos reciben as axudas do Plan Social de Ence en Pontevedra

Club Peixe Galego de Marín, Club baloncesto Arxil ou Pontevedra CF son algunhas das entidades beneficiarias do Plan Social. Ler máis

Paulo Sergio Gaia Maciel, novo Director da fábrica de Ence en Pontevedra

Tras a incorporación de Paulo Gaia, Antonio Casal Lago centrarase no desenvolvemento das súas novas responsabilidades como Director de Desenvolvemento e Mellora Continua e Director Territorial de Ence en Pontevedra. Ler máis

Ence celebra o acto de entrega das axudas do Plan Social de Pontevedra para o apoio á educación e a cultura

Ence apoia a educación e cultura a través de distintas entidades beneficiarias dos Concellos de Pontevedra, Poio e Marín. Dita área de actuación recolle unha ampla diversidade de proxectos que permite apoiar o legado educativo e cultural da comarca, valores polos que Ence aposta firmemente. Ler máis

Ence apoia o soño olímpico dos deportistas da comarca co Plan Social de Pontevedra

A axuda de Ence supoñerá unha importante contribución para que 27 deportistas individuais poidan afrontar o seu reto de preparación e participación nas próximas Olimpíadas de Tokio 2020. Ler máis

Ence apoia o emprendemento e a dinamización da economía pontevedresa a través do seu Plan Social

Proxectos destinados á formación de persoas, a xeración de postos de traballo e a posta en marcha de novas iniciativas de emprendemento recibiron un importante impulso por parte da compañía. Ler máis

show_cookie_policy: 1